Vai a pleno o Plan Municipal contra os Incendios Forestais

O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais vén de obter o ditame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente do concello e levarase a pleno este xoves para a súa aprobación definitiva. O proxecto delimita a rede secundaria de faixas de xestión da biomasa, isto é, aquelas franxas de seguridade ideadas para evitar a propagación do lume, onde as persoas responsables deberán cortar e retirar a maleza así como as especies arbóreas máis combustibles. Entre elas, atópanse os eucaliptos, acacias, toxos, silvas, fentos e pinos.

A rede secundaria de xestión da biomasa do concello abarca aqueles terreos que están situados nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, polo que afecta a un total de 1196 parcelas, a maioría delas de titularidade privada. Os titulares destas leiras deberán de xestionar a biomasa antes do 31 de maio de cada ano.

Ademais, o Plan Municipal define as 200 parcelas que están integradas dentro da parroquia de San Pedro de Visma como de Alto Risco de Incendio. Nesta zona priorizada, como consecuencia do convenio suscrito entre a Xunta, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), ao que o concello está adherido, ofrécese aos propietarios e propietarias a posibilidade de que Seaga as limpe a un prezo de 0.0350 €/m2 anuais, previa suscripción dun contrato que pode consultarse nas oficinas do Servizo Municipal de Medio Ambiente.

O Plan será ampliado posteriormente, mediante a delimitación da franxa perimetral ao redor de edificacións destinadas a persoas, vivendas ailladas, urbanizacións, depósitos de residuos, cámpings, gasolineiras, parques e instalacións industriais localizados a menos de 400 metros do monte, así como á que respecta a construcións ailladas e destinadas a persoas no solo rústico, que estean a máis de 400 metros do monte. Así mesmo, incluirase a rede de pistas, vías, camiños e estradas de titularidade municipal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s