O Concello reactiva as visita á lonxa

As visitas á lonxa das persoas usuarias dos centros cívicos municipais e doutros colectivos da cidade serán reactivadas. Ademais, estudarase a apertura de vías de comunicación entre lonxa e concello para outros proxectos. Esas son as conclusións da xuntanza que a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, mantivo onte co presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, e o seu xerente, José Luis Otero.

A concelleira manifestou logo da reunión que “é necesario seguir traballando na mesma liña na que comezamos esta lexislatura, unha liña de colaboración estreita entre entidades e administración para axunar esforzos e conseguir melloras nos diferentes aspectos da vida das persoas”. Neira referiuse á lonxa e ao porto como “un valor tan presente e importante na historia e no desenvolvemento da cidade”, motivo polo que “a colaboración debe ser aínda máis fluída”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s