O pasado, presente e futuro da Cidade Escolar, a análise

A asociación Francisco Rodríguez Otero organiza unha charla na tarde de mañá, venres 6 de marzo, sobre a situación da Cidade Escolar a cargo do arquitecto Xose Lois Martínez, antigo vicerreitor de Infraestruturas da UDC. O arquitecto repasará historia da Cidade Escolar e compartirá ideas sobre o futuro da área.

A asociación lembra o proxecto de 2011 que comezou coa derriba do muro do antigo edificio da Escola de Empresariais, actualmente Centro Universitario de Riazor (CUR), “dando paso a unha rúa moito máis luminosa e agradable”. Esta obra quería “recuperar o espirito inicial do proxecto do campus universitario de Riazor, que fora ideado xa na república e que prentendia ser un campus aberto”, conseguíndose coa derriba do muro “que a veciñanza coñeceramos e disfrutaramos  dun espazo público que antes nos era alleo”, salientan. Porén, este proxecto de apertura do xardín “co obxetivo de mellorar a accesibilidade e a conectividade de todos os edificios que ten a UDC no campus de Riazor” non continuou posteriormente. É por iso que a asociación organiza esta charla, para dar a coñecer a historia da Cidade Escolar e o futuro “ao que poderiamos chegar”, aseguran. 

Os organizadores sinalan que “a esencia do noso barrio vén definida por este campus de Riazor con todos os seus edificios, ademáis dos dous institutos de secundaria, a escola de idiomas, os dous conservatorios, a UNED e o Calvo Sotelo, que dende o ano pasado alberga tamén a Residencia Universitaria Pública Elvira Bao”. Pregúntanse “que pasaría se o barrio se puidera integrar máis con estos edificios, como era a súa idea orixinal”, eliminando a verxa do edificio da Normal, os muros dos conservatorios e da escola de idiomas “permitindo unha circulación agradable e libre de coches”. Defenden que na rúa Archer Milton se habilite un paseo “polo xardín do edificio Calvo Sotelo”, xa que “gañar novos espazos de disfrute para a cidadanía, nunha cidade tan densamente poboada como A Coruña, nunca está de máis”.

A charla terá lugar ás 19:30h no local da asociación, na Ronda de Outeiro 396, Semisoto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s