Veciños de Labañou reúnense co Goberno

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villosalda, e a concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, visitaron esta tarde o barrio de Labañou para reunírense con representantes da asociación de veciños e veciñas.

Os membros do Goberno local explicáronlles algúns dos proxectos que se poñerán en marcha nas vindeiras semanas e escoitaron as demandas da veciñanza que se centraron nas melloras da seguridade viaria e ampliación de beirarrúas que na actualidade non contan con boa accesibilidade.

A primeira zona que visitaron foi a máis próxima ao centro de saúde e ao centro cívico, onde os veciños e veciñas demandanron melloras para o parque infantil.

Villoslada explicoulles o proxecto que o concello vai levar a cabo na zona do grupo de vivendas de María Pita, para a reurbanización do espazo público “co obxectivo de mellorar a calidade urbana do barrio e de garantir a accesibilidade en todas as súas rúas”.

A representación do Executivo local tamén visitou a zona das Percebeiras, onde o concelleiro de Urbanismo propuxo á veciñanza conectar a zona coas vivendas de María Pita a través dun vial.

As obras da avenida de Gran Canaria, cuxo obxectivo é a humanización da zona, foron a última parada da visita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s