Esther Fontán, concelleira de Medio Ambiente: “Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade”

O Concello procedeu esta mañá á esterilización do Centro Cívico de Feáns, identificado como o único foco de contaxio do coronavirus na Coruña. A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, lembra que o Goberno local e a Xunta están a traballar cóbado con cóbado nesta fase de contención da doenza e reitera un chamamento á calma.

Cal é a situación do Centro Cívico agora?
Está pechado e acaba de ser desinfectado a través dun sistema de pulverización de superficie e termonebulización do ambiente cun produto autorizado, unha preparación específica para acabar con virus e bacterias. O viricida ten un período de actuación de aproximadamente 24 horas. Aínda así, o Centro Cïvico permanecerá pechado, seguindo as instrucións da Xunta de Galicia, por otros 14 días máis.

Cal é a situación da doenza na Coruña?
Cómpre dicir, para tranquilidade da cidadanía, que os casos detectados do coronavirus COVID-19 no barrio de Feáns non son de gravidade. As persoas afectadas están tendo a sintomoloxía dunha gripe normal e atópanse todas, afortunadamente, en perfectas condición. Hai que lanzar unha mensaxe de tranquilidade e de optimismo, e evitar unha alarma xeralizada.

Que medidas está a tomar o Concello?
Hai que recalcar que esta situación é completamente competencia da Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade. Nós, como non pode ser doutro xeito, levamos a cabo un labor de colaboración co Goberno autonómico, seguindo as súas instrucións e traballando en todo o que se nos pide, como é o caso da desinfección do Centro de Feáns e todas as medidas aparelladas. Seguiremos a traballar mesa liña, colaborando en todo o que se nos solicite.

Non existe ningún outro foco de contaxio localizado?
Neste intre, non hai máis foco contrastado a nivel sanitario que o de Feáns, que afecta aos membros dunha coral dese barrio. Seguindo o protocolo, avisouse a todos os usuarios das actividades do centro para que fixesen un autoseguimento, isto é, un seguimiento da propia saúde e da súa evolución durante estes días, co obxectivo de tratalos rapidamente se aparecesen novos casos. Non temos constancia de que existan en calquera outro punto da cidade novos contaxios de coronavirus nin un foco de infección. No caso de que a Consellería ou os servizos do Concello detectasen algún novo foco, volveríamos activar o protocolo de Feáns.

A mensaxe é, daquela, de calma.
As administracións estamos colaborando nesta fase de contención do virus. O COVID-19 ocasiona unha gripe máis contaxiosa do normal, pero o consello dos técnicos competentes é cumprir adecuadamente coas medidas de hixiene cotiá, especialmente nas mans. Esas son medidas indicadas para calquera outra doenza deste tipo. Hai, por suposto, un grupo de risco que debe ter máis coidado, que é o das persoas con afeccións previas. A mensaxe que queremos transmitir é que se faga caso ás indicacións das autoridades sanitarias. Queremos que a cidadanía saiba que o Concello está a colaborar coa Consellería de Sanidade en todo o que é preciso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s