Trinta novas incorporacións á Policía Local

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, recibiron esta mañá as e os 30 novos policías locais, que se incorporan ao corpo, a promoción de axentes máis ampla desde 1992, o que segundo a rexedora “reforza o compromiso do Goberno local polo emprego público e polos servizos públicos que garanten a seguridade da cidade”. Rey explica que desas 30 persoas, “sete incorporaranse inmediatamente ao cadro do persoal e 23 irán á Academia Galega de Seguridade para remataren a súa formación e seren parte da policía ao final do verán”. Os oito profesionais restantes xa tomaron posesión do cargo en xaneiro.

A alcaldesa destacou que no grupo hai catro mulleres e “agardo que o número destas profesionais se incremente en futuras convocatorias”. Ademais, reiterou a aposta decidida do concello pola incorporación plena da muller en todas as forzas e corpos de seguridade do Estado, “non é algo novidoso xa que están inscritos nunha estratexia de emprego público que se está plasmando nas novas convocatorias”. Falou de que a presenza feminina é tímida, pero que é un feito e “estamos cumprindo coa normativa vixente”, no referente a elas e tamén á reposición de profesionais. A promoción supón un incremento do 13,8% do total dun cadro de persoal que terminará o ano con 318 persoas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s