O pleno pide compromisos ao Estado

A corporación acordou por unanimidade esta mañá na sesión de plenos extraordinaria esixirlle ao goberno do Estado o cumprimento dos seus compromisos en investimentos na cidade canto a obras como a ampliación da avenida de Alfonso Molina, a cuarta Rolda, a vía 18, a conexión ferroviaria con Punta Lagosteira, así como outras cuestións como a rexeneración da ría do Burgo ou a condonación da débeda á Autoridade Portuaria. O voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, sinalou que, dadas as circunstancias actuais coa propagación do coronavirus, “debemos ter responsabilidade e non embarrar o campo como aquí se fixo”, por iso lle agradeceu á inmensa maioría dos responsables políticos saber diferenciar o debate político doutro tipo de consideracións que non entran dentro da normalidade.

Con respecto ao asunto aprobado e sobre o que non se aceptaron emendas, indicou que “a nosa posición é favorable” porque “é de xustiza formularlle estas esixencias ao Goberno central sen mirar a súa cor política”, a diferenza do PP, que “pide agora responsabilidades e non cando as tiña”. Neste punto, recordou que a alcaldesa, Inés Rey, xa se posicionou con contundencia en asuntos como a Cuarta Rolda e “estamos traballando a reo para desastacar o que non se fixo anteriormente. Nós defendemos sempre que se trate a cidade con xustiza, vostedes non fan o mesmo. Depende de que Pleno e que de cor sexa a interpelada, teñen unha actitude ou outra”.

En concreto, explicou que moitas das actuacións que se solicitan foron xa reivindicadas por anteriores corporacións en mocións que os populares rexeitaron como unha en que se abordou a rexeneración da ría do Burgo e engadiu que tiveron unha marxe considerable para executaren estes proxectos, “é de certa burla falar de reclamar a gratuidade das peaxes na AP-9 cando foron os que renovaron a concesión coa empresa Audasa ata 2.048”. Lage indicou que no referente a débedas, “non estaría de máis que falaran coa Xunta sobre a que ten pendente coa Orquestra Sinfónica de Galicia de 5 millóns de euros”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s