A Coruña rexistra 55 casos de coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de situar o número de casos confirmados de coronavirus en Galicia en a 135, con 55 deles na área da Coruña. Os outros casos correspóndense con 7 da de Lugo, 15 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 23 da área de Vigo, 17 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. Son todos casos de infección con resultado positivo na análise levada a cabo en Galicia.

Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 27 están en unidades de hospitalización e 101 no domicilio. Por outra banda, rexitrouse un falecemento na área de Vigo, dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa, e que dera positivo na proba de coronavirus. Tratábase dun caso importado. O total de PCR realizadas polo Sergas é de 1.087.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Resolve dúbidas e consultas sobre sintomatoloxía leve. A Xunta pide que se utilice só en casos realmente ncesarios.

Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións de adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Piden que se extreme a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente e especialmente logo de tos ou soar o nariz. Piden cubrir nariz e boca cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar, ou no seu defecto na cara interna do cóbado. Piden evitar tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s