O PP tende a man para unha liña de emerxencia de axudas sociais

“Todo o seu apoio ao Goberno municipal”. Con estas palabras, o PP fixo público ohoxe o seu ofrecemento ao Concello para facilitar “a adopción de todas as medidas necesarias para afrontar a loita” contra a expansión do coronavirus COVID-19 e “ir activando mecanismos de compensación e estímulo para unha economía en apuros”. O portavoz do PP, Roberto Rodríguez, púxose en contacto coa alcaldesa, Inés Rey, “para analizar a evolución das medidas” aplicadas na Coruña e ofrecer a axuda do PP “en todo aquilo que sexa necesario para afrontar a delicada situación actual”.

O PP pon así á disposición do Goberno local “os seus votos de ser necesario” para garantir “a posta en marcha dunha liña municipal de axudas sociais e económicas para as familias, as persoas máis vulnearables, os autónomos, as pemes e os traballadores por conta allea, co fin de paliar os posibles efectos” que as medidas preventivas derivadas do estado de alarma poidan ocasionar.

Os populares tamén apoiaron a creación dunha Comisión de Seguimento proposta pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) “como ferramenta para canalizar as actuacións, a información e a colaboración de todos os grupos municipais”. Esta comisión estaría formada pola alcaldesa, concelleiros, o xefe da Policía Local, o responsable dos servizos de Emerxencia e Protección Civil e mais os efes dos servizos municipais.

Por último, o PP anima á cidadanía a sguir as instrucións administrativas e sanitarias para evitar o contaxio “e volver á normalidade o antes posible”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s