Cuarto falecemento polo COVID-19 en Galicia, na Coruña

A Consellería de Sanidade acaba de facer público o falecemento dunha cuarta persoa en Galicia a consecuencia do coronavirus COVID-19. Trátase dun varón de 72 anos, que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que padecía varias patoloxías previas.

Agora mesmo hai 333 casos de coronavirus en Galicia, con 108 deles na área sanitaria da Coruña. Do total de pacientes positivos na comunidade autónoma, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes.

O número de PCR realizadas é de 2.614.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s