Con #corunaencasa a cultura chega a cada domicilio

O concello, a través da Concellería de Educación e Cultura, anunciou que comezará a empregar desde hoxe o hashtag #corunaencasa nas súas canles sociais de Facebook e Twitter para informar de “todas as actividades culturais e educativas” que pode seguir a cidadanía “sen moverse da casa neste período de confinamento decretado polo estado de alarma” a raíz da epidemia de COVID-19.

Todas as persoas interesadas poderán seguir o hashtag #corunaencasa, que se engadirá en todas as publicacións da conta da Concellería de Educación e Cultura, para saberen día a día das novas actividades que irán saíndo. Son actividades propostas para todas as idades.

A iniciativa municipal permitirá seguir a programación das Bibliotecas Municipais, os Museos Científicos, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal de Música, o Teatro Rosalía Castro, o Teatro Colón, o Museo Arqueolóxico, as casas museo e exposicións en xeral.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s