Mañá abrirase o albergue no pavillón de Riazor

O concello habilitará o frontón e parte das instalacións do Pavillón dos Deportes de Riazor para albergar desde mañá a 35 persoas sen fogar durante as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar as liteiras -cedidas polo Exército- e os espazos de acollida se for preciso.

Nas instalacións, as persoas usuarias terán servizo de duchas e aseo con produtos de hixiene, así como tres comidas diarias e aloxamento dentro dunha zona habilitada para o descanso. Benestar Social e a Forza de Loxística Operativa (FLO) acondicionaron estes días o multiusos para que poidan durmir e teñan ademais un apartado en que realizar as comidas.

Deste xeito, o persoal aproveitará o tempo en que xantan para limpar a zona de descanso e en todo momento se gardarán as medidas de seguridade e prevención decretadas polo Estado. As persoas usuarias estarán separadas tanto nestes dous apartados como en varias zonas internas para o esparexemento, incluída tamén unha exterior entre o pavillón e o estadio de Riazor.

Nun dos accesos ao pavillón onde estará habilitada a entrada, persoal do Sergas realizaralles unha triaxe e ademais, unha vez dentro, tomaráselles a temperatura e controlarán o seu estado polo menos dúas veces ao día.

O persoal traballador da Concelleria de Deportes tamén traballou na preparación, adaptado e recolocación de persoal e servizos para que o frontón estea operativo, por todo iso o Goberno local agradece a estes funcionarios e funcionarias “o seu enorme labor para preparar e acondicionar este equipamento deportivo”. Durante estes días o persoal traballador das instalacións deportivas realizaron a mudanza para liberar espazos, reconverter despachos, preparar comedores e habilitar zonas de illamento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s