Limpeza a conciencia de edificios públicos

A Concellería de Medio Ambiente intensificou a desinfección nos edificios e dependencias de titularidade municipal nas últimas horas co fin de combatela expansión do COVID19.

No día de hoxe, e de acordo coa Concellería de Mercados, procedeuse á desinfección interior e exterior dos Mercados de San Agustín e Praza de Lugo, tarefa que continuará o luns e martes no resto dos Mercados da cidade; ao ser estes unhas localizacións de trasfega diaria de persoas, este protocolo de desinfección farase de forma continuada.

A concellería, que con anterioridade ao Decreto do estado de alarma activara un protocolo de desinfección, e que entrou en funcionamento co foco orixinado no Centro Cívico de Feáns, procedeu a desinfectar o Pavillón dos Rosales (por un positivo entre os usuarios), o Centro de Control de Tráfico, o Pavillón de Riazor na súa totalidade, e o Colexio Víctor López Seoane. Ademais, dotou á Policía Municipal e ao Corpo de Bombeiros de instrumental para realizar a desinfección dos seus cuarteis, e comezou a lavar as rúas con solución de hipoclorito.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegura que todos os aseos públicos son desinfectados diariamente dúas veces, ademais de activar o sistema de desinfección de colectores.

Así mesmo, e seguindo as indicacións da Concellería de Deportes procederase á desinfección de todas as instalacións deportivas que este servizo considere necesario, tal como fíxose nos Pavillóns de Riazor e Rosales. De igual maneira procederase nos CEIPs, Bibliotecas e Escolas Infantís, atendendo ás prioridades marcadas desde a Concellería de Educación e Cultura, e nos Centros Cívicos e demais edificios dependentes de Asuntos Sociais.

Para todo este dispositivo de desinfección a Concellería de Medio Ambiente reforzou e segue facéndoo os equipos ata duplicalos ou triplicalos se fose necesario.

O obxectivo é desinfectar a fondo e clausurar todas as dependencias municipais que non vaian ser utilizadas, e realizar a desinfección diariamente daqueloutras que aínda permanecen abertas, á vez que atender calquera continxencia que vaia xurdindo durante o tempo que dure o estado de alarma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s