Estado de alarma: 63 sancións e 3 detencións

A xunta de portavoces reuniuse hoxe no Concello e nela a alcaldesa, Inés Rey, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, e o responsable de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, informaron aos representantes das forzas políticas municipais das últimas medidas tomadas e de como están resultando de cara a frear a curva de contaxio do coronavirus na cidade.

No encontro tratáronse cuestións laborais e veciñais derivadas deste estado de alarma. Rey destacou a actitude participativa de todas e todos eles e comprometeuse a estudar as ideas que presentaron porque “isto é un traballo en común por lles dar unha mellor resposta ás necesidades das e dos coruñeses”.

Desde o Goberno local, explicaron como está a situación na rúa e informaron das 63 sancións que lle impuxo a policía á veciñanza e das tres persoas que foron detidas desde o inicio do estado de alarma. Tamén repasaron os protocolos de prevención establecidos nos diferentes departamentos municipais, en instalacións como os mercados e áreas e servizos de Medio Ambiente. Ademais, afondaron sobre como se distribúe a seguridade na Coruña tras a cesión da Deputación de parte do IES Calvo Sotelo para unha segunda base dos Bombeiros no centro. Na primeira xuntanza, recordaron tamén todo o referido ao ámbito social e ás axudas, como o talón comedor e os comedores sociais, o acordo coa Cociña Económica, a habilitación do albergue no Pavillón de Deportes de Riazor que funciona desde onte, a gratuidade do aparcadoiro Materno-Oncolóxico e a dispoñibilidade que teñen tanto o persoal traballador como as persoas usuarias do Abente y Lago para deixaren o coche nos terreos da Solana.

Tamén trataron temas como a limpeza e a instalación dos baños públicos ou as negociacións que desde o concello se están realizando para conseguir máis equipos de protección, aínda que, nese punto, lembraron que o Sergas será o primeiro en abastecerse, debido a que o persoal sanitario é o que máis se expón ao virus, e a desinfección e as medidas de seguridade nos hospitais son primordiais.

Durante a xuntanza, o PP presentou ao resto de grupos un paquete con 55 medidas fiscais e sociais para afrontar a crise derivada da emerxencia sanitaria. Entre elas, medidas fiscais para PEMES e autónomos e sociais para os colectivos máis vulnerables.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s