A Coruña rexistra xa 359 casos de COVID-19

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade fixo público hoxe que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374. A Coruña é a área sanitaria máis afectada, con 359 casos. Ferrol, a que menos, con 36. No resto da comunidade, son 97 os casos de Lugo, 152 en Ourense, 179 en Pontevedra, 312 en Vigo e 239 Santiago.


Do total de pacientes, 54 permanecen en UCI, 337 están en unidades de hospitalización e 983 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 22 falecementos. Os últimos falecidos eran un home de 61 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con patoloxías previas, e outro varón de 83 anos, no Hospital da Mariña, tamén con patoloxías previas.


O número de PCR realizadas é de 6.741.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s