A Policía Local, de paisano contra as infraccións

A Policía Local intensificará o control estes días con patrullas de paisano que apoiarán as e os axentes uniformados, co fin de realizar un seguimento e detección das persoas que pretenden burlar as restricións e simulan actividades que están permitidas, como saír mercar alimentos e outros produtos de primeira necesidade. Desde o corpo, detectaron, por exemplo, situacións de veciñas e veciños que levan consigo barras de pan para alegar se os paran que viñan de compralo, sen reparar en que os policías non queren denunciar, senón que só buscan que se respecten as restricións decretadas polo Estado polo interese xeral e para evitar que se propague o coronavirus.

Por outro lado, desde o 092, préganlle á cidadanía que cumpra coas normas básicas de convivencia nos domicilios en que pasan todo o día bebés, nenas e  nenos, e persoas maiores, moitas delas enfermas/os e vulnerables aos ruídos e outras perturbacións evitables cunha conduta cívica normal. A policía recibiu estes días numerosas denuncias de particulares por ruídos provocados por pequenas obras no interior das vivendas, música alta, festas familiares ou de amigas/os e incluso pola utilización irresponsable das zonas comúns das comunidades veciñais, como patios interiores ou escaleiras para se reunir, xogar, facer deporte ou bailar, sen as medidas de seguridade pertinentes.

O corpo de seguridade pídelle “sentido común e responsabilidade” á cidadanía para que leve o mellor posible este confinamento obrigatorio e incluso que as e os veciños eviten expoñer innecesariamente as e os axentes policiais a posibles contaxios ao entraren en domicilios para estas infraccións “absurdas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s