CCOO agradece ao Concello apostar polo emprego

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia apoiou hoxe a posición do Concello da Coruña durante a emerxencia sanitaria ao “aprobar novas instrucións en materia de prestacións contractuais do sector público municipal coas que procura minorar o impacto no ámbito laboral das medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao coronavirus”. O Concello estableceu previamente que, con carácter xeral, ningún contrato ou actividade de prestacións de carácter sucesivo, derivada dunha relación contractual co Concello da Coruña ou coas súas entidades instrumentais, se entenderá suspendida de forma automática como consecuencia das medidas adoptadas para frear a pandemia.


A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, pide que a Xunta de Galicia e o resto de Administracións “sigan o exemplo do Concello da Coruña, que ademais está na liña do que o sindicato leva días reivindicando, para que o impacto sobre o emprego sexa o menor posible”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s