
O Teatro Colón impulsa unha iniciativa nas redes sociais na que se vai compartir publicamente o talento local e ao mesmo tempo entreter a veciñanza nestas semanas de confinamento a causa do decreto do estado de alarma pola crise do Covid-19. A veciñanza pode achegar os seus vídeos para que se suban nas canles sociais do Teatro Colón etiquetando á entidade nos mesmos.
A iniciativa, que comezou hai uns días e xa conta con varios vídeos de música en directo, enmárcase dentro da campaña #corunaencasa que desde hai días se está a empregar nas diferentes canles sociais do concello e que lle permite á veciñanza que se atopa confinada nos seus fogares acceder a contidos culturais e educativos en liña.