Control xeral para evitar os desprazamentos de fin de semana durante o estado de alarma

A Policía Local levou a cabo este mediodía controis especiais nas saídas e entradas da cidade co fin de evitar os desprazamentos non xustificados pola fin de semana. Todos os corpos de seguridade participaron neste dispositivo que se realizou nas principais vías de acceso e saída do municipio para impedir o éxodo dos vecinos e veciñas sen causa xustificada que incumpriría as normas decretadas polo estado de alarma.

Os e as axentes da Policía Local xa estiveron a utilizar nestes controis as pantallas de protección confeccionadas polo propio corpo de seguridade municipal seguindo as instrucións de MAMPAT, a empresa que lle doou ao concello da Coruña o material certificado necesario para a montaxe destas pantallas. Nestes momentos, tamén están a utilizar estes equipos de protección o corpo de Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional, 061 e a Garda Civil do centro penitenciario de Teixeiro. Ademais, xa se lles achegaron as primeiras pantallas ás entidades de Servizos Sociais e doutra índole: Ingesan, FEPAS, CLECE, Equipo de Atención Social (EAS), Hábitat, comedor social Novoboandanza, comedor social de Monte Alto, Padre Rubinos, Cáritas, Cociña Económica, ACCEM, Asociación Renacer, Fundación Amigó, Hogar Boanoite, SEMUS, Asociación Antonio Noche, Hogar Sor Eusebia, Centro de Acollida Betania e Fundación Hogar Santa Lucía.

Saída da cidade á altura do CHUAC filmada esa tarde por unha veciña.

O concello está a traballar tamén nunha actuación similar con xeles desinfectantes, que xa se están a repartir entre as entidades da cidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s