Os centros cívicos seguen coa actividade online

A Concellería de Benestar Social lanza en internet o Programa de Actividades Socioculturais da Rede de Centros Cívicos, “un referente na dinamización sociocultural da veciñanza e os barrios da cidade á que o concello lle dá agora unha volta co fin de seguir trazando unha rede en liña e evitar agravantes entre as persoas que están sen compaña nestas semanas de confinamento”, destacan. A concellería reitera o seu traballo para previr “a soidade” e estimular “a creación de relacións entre as persoas”.

Os monitores de actividades na Rede de Centros Cívicos gravaron varios vídeos para lles dar continuidade aos contidos traballados nas súas clases e que están subidos á canle de YouTube denominada Coruña Acompaña, á que se pode acceder a través do enlace https://www.youtube.com/channel/UCDb6atcllVxhcIzM43Z-krg.

Nesta canle, poderanse atopar os vídeos nas diferentes listaxes de reprodución, en función da temática da actividade. Dese modo, as persoas que o desexen, estean inscritas nalgunha actividade ou non, poderán velos e seguir as clases desde a casa. Nunha primeira fase, os tutoriais que se poderán desfrutar na canle de YouTube Coruña Acompaña son de actividade física, expresión plástica, expresión corporal, novas tecnoloxías e estimulación cognitiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s