Galicia aproxímase aos 3.800 casos de COVID-19

Os datos feitos públicos esta mañá pola Xunta de Galicia confirman a detección de 3.758 casos en Galicia ata agora, dos cales 817 son da área sanitaria da Coruña. A área máis afectada da comunidade é Vigo, onde se rexistraron a día de hoxe 928 persoas infectadas polo coronavirus. En Santiago hai 547 casos e 520 en Ourense, con 371 en Lugo, 366 en Pontevedra e 209 en Ferrol. Ata o momento houbo 94 falecementos relacionados co COVID-19 na nosa comunidade, con case o dobre de altas (187).

Hai 147 persoas ingresadas na UCI con COVID-19 en Galicia. Algo máis de 800 persoas están a ser tratadas, a maiores, en hospitais. Case 2.800 pacientes están a ser tratados nos seus propios domicilios. Fixéronse máis de 17.000 probas entre a poboación galega.

A Xunta reitera que manterá “a máxima coordinación interdepartamental” co Ministerio de Sanidade e os axentes sociais e económicos galegos. Lembran que se pode utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus, e que existe tamén unha web para consultar información. Piden que se empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves.

A Consellería de Sanidade recomenda adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus “común a calquera infección respiratoria, como a gripe”. Así, piden extremar “a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse”, e cubrir o nariz e a boca cun pano, preferentemente desbotable, ao tusir ou esbirrar. Recordan que debe evitarse tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s