Así debe retirarse o lixo nas casas con contaxios ou en corentena

O Ministerio de Sanidade emitiu una orde ao comezo do estado de alarma para explicar como proceder á xestión de residuos domésticos naquelas casas onde haxa una persoa infectada por COVID-19 ou algún dos seus membros estea a pasar una corentena por sospeita dunha infección. Moitos concellos están recordando esas instrucións á cidadanía ao tratarse dunha demanda frecuente da veciñanza que chama aos teléfonos de axuda.

As bolsas de lixo destes fogares deben depositarse, adecuadamente cerradas, exclusivamente nos contedores de fracción resto -na maioría dos concellos galegos, o verde-. Está prohibido depositalas nos contedores de recollida separada -orgánica, envases, papel, vidro ou téxtil- ou abandonalas na rúa. Estes residuos irán directamente a incineración, ou, se non for posible, a vertedoiro.

Varias bolsas
Os residuos dos pacientes confirmados ou persoas en corentena, incluíndo o material desbotable que use o paciente -luvas, panos ou mascarillas- deben depositarse nunha bolsa de plástico, a número 1, dentro dun cubo con tapa no cuarto da persoa. Unha vez chea, debe pecharse adecuadamente e introducirse dentro dunha segunda bolsa, a bolsa 2, xunto á saída da habitación. Dentro desta tamén se introducirán as luvas e a mascarilla da persoa coidadora, e pecharase adecuadamente dentro da habitación.

Esta bolsa 2, con todos os residuos, depositarase xunto ao resto do lixo do fogar no cubo da fracción resto -aquel onde non van, por exemplo, os plásticos para a reciclaxe-. Irá, por tanto, dentro dunha terceira bolsa, a bolsa 3. Xusto despois deben lavarse as mans, con auga e xabrón, durante un intervalo entre corenta segundos e un minuto. Esta bolsa irá ao contedor xa mencionado na rúa, o de fracción resto.

Fogares sen coronavirus
Naquelas casas onde non haxa ningún caso positivo nin en corentena, o lixo debe ser separado como habitualmente, para reducir ao máximo a fracción resto e reservala para os fogares onde si hai casos. O lixo irá, separado, aos contedores correspondentes. As luvas de látex ou nitrilo utilizadas no fogar non van ao contedor amarelo, senón ao de resto.  

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s