Galicia recibe dous millóns de máscaras máis

Chega a Galicia un segundo envío de máscaras adquiridas pola Xunta. Nesta ocasión son dous millóns de unidades. O material, dispoñible grazas á loxística facilitada por Inditex, foi entregado na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situado en Negreira, e desde alí será distribuído a toda a comunidade. Este é un dos envíos dunha parte dos lotes adquiridos pola Xunta de Galicia a distintos provedores e que se suman ás 700.000 máscaras recibidas a semana pasada, das cales 500.000 foron adquiridas pola Xunta e o resto foron doadas por Inditex e Grupo Caamaño.

O material repártese con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias. Ata agora, un total de 122.350 máscaras foron distribuídas por residencias sociosanitarias de toda Galicia. Enviáronse 20.000 unidades directamente á Consellería de Política Social, outras 18.190 foron enviadas ás residencias sociosanitarias da área de Vigo, 16.500 unidades ás da área da Coruña, 13.300 máscaras ás residencias da área de Santiago, 4.740 ás de Lugo, 33.020 ás de Ourense, 8.580 ás de Pontevedra e 8.020 ás de Ferrol.

Os protocolos de actuación para a protección dos profesionais na crise sanitaria establece a necesidade de que usen equipos de protección individual (EPI) para determinadas intervencións. Os elementos de protección recomendados son gafas de protección, batas de alta protección, máscaras respiratorias cirúrxicas e FFP2 e luvas de exame, xunto con solución hidroalcólica desinfectante.

O Servizo Galego de Saúde tamén está distribuíndo e instalando en todas as áreas sanitarias os equipos adquiridos nos dous expedientes de compra tramitados polo procedemento urxente. Este equipamento está destinado a reforzar a atención sanitaria en todos os hospitais da rede.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s