O estado de alarma deixou ata agora 240 infraccións na cidade

As medidas decretadas polo estado de alarma impuxeron un confinamento masivo da poboación no fogar, con excepcións xustificadas relativas a servizos esenciais, paseo de mascotas e outro tipo de situacións. Sen embargo, producíronse varios incumprimentos durante estes días que deixaron unha longa lista de sancións. As máis recentes, no día de onte, foron 24. Catro delas foron tramitadas por desobediencia administrativa, r houbo unha denuncia polo xulgado de garda por delito de desobediencia grave a axentes da autoridades no exercicio das súas funcións.

A Policía Local contabiliza, dende que comezou o estado de alarma, un total de catro detencións, 231 persoas e 5 establecementos sancionados. No caso destes últimos, as sancións producíronse ao abrir as súas portas malia estar a súa actividade suspendida.

Ata 600.00 euros de multa pola “Lei Mordaza”
A Policía Local recorda que as infraccións administrativas por incumprimento das prohibicións e restriccións son denunciadas por violar a Lei 4, 2015 de 30 de marzo de Protección Cidadá, popularmente coñecida como “Lei Mordaza”. As infraccións graves supoñen entre 601 e 30.000 euros, segundo as circunstancias que concorran. Pero as moi graves, para persoas físicas, locais e establecementos, traen consigo sancións de entre 30.001 e 600.000 euros, en función do contexto.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s