O Concello tende a man ao Sergas para o hospital de campaña

A alcaldesa, Inés Rey, e o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, informaron esta mañá na Xunta de Voceiros de todas as novas con respecto á situación de emerxencia polo Covid-19. A cuestión central agora mesmo é a habilitación por parte do Sergas dun hospital de campaña en ExpoCoruña.

Rey púxose ao dispor da Xunta para axudar e colaborar na posta en marcha desta infraestrutura como un novo punto asistencial ás persoas enfermas. Todas as forzas políticas secundaron esta iniciativa. Os representantes destas foron informados do que se está a facer para que o CHUAC teña un apéndice nestas instalacións municipais.

Rey agradeceu o clima construtivo destas reunións, que pasarán a desenvolverse os martes, de acordo co que decidiron o conxunto de edís. Ademais, os responsables do Goberno local recolleron as propostas das e dos voceiros.

O PP recordou que o último decreto do Goberno central permite dedicar o 20% do superávit, mediante decretos municipais, a medidas sociais contra o impacto do coronavirus, o que na Coruña se traduce, segundo as súas contas, en máis de dous millóns e medio de euros. Os populares piden medidas “de apoio inmediato e de reactivación económica para autónomos, como axudas que complementen ás do Estado e Xunta, ou unha liña municipal de liquidez para pagamento de alugueiros” de locais. Lamentan que sexa a Coruña “a cidade galega onde máis soben o paro xeral e o feminino respecto a hai un ano”.

O BNG reclamou “quitas de ata 100% para as persoas arrendatarias de vivendas municipais en situación de especial vulnerabilidade” a través do seu portavoz, Francisco Jorquera. Esta bonificación prolongaríase como mínimo por catro meses. Lembran que o decreto do Goberno contempla quitas de 50% para as persoas que vivan en moradas arrendadas por grandes tenedores de vivenda, pero recordan que o goberno vasco “elevou ese listón ata o 100%” e convidan ao Concello a facer o mesmo “para protexer os sectores sociais máis indefensos das consecuencias socioeconómicas da pandemida co Covid 19”. Os nacionalistas amosáronse dispostos a revisar os Orzamentos municipais para adecualos á nova situación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s