Actuación de Benestar Social nos asentamentos precarios polo COVID-19

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación estase a despregar desde hai días nos asentamentos precarios do Portiño, As Rañas e A Pasaxe, co fin de concienciar as persoas que residen alí sobre a importancia do confinamento e as medidas de hixiene e de distanciamento social que deben adoptar para protexérense fronte ao contaxio do coronavirus. Estas visitas tamén teñen como obxectivo achegarlles material didáctico ás nenas e nenos destes poboados con escasos recursos para realizaren unha formación educativa telemática.


Estas accións son realizadas polo persoal técnico municipal da Concellería de Benestar Social, acompañado de membros de Protección Civil e da Policía Local. Nestes achegamentos aos ditos asentamentos precarios aínda existentes na nosa cidade, tamén se lles proporcionan alimentos ás persoas que residen neles.

O pasado día 25 de marzo, o persoal dedicado a estas tarefas visitou o poboado da Pasaxe. A visita ao Portiño realizouse o pasado luns e antonte volveuse visitar en compañía do Secretariado Xitano, entidade que se ofreceu desinteresadamente a acudir a este labor para dar apoio. Onte visitouse o asentamento das Rañas, onde se repartiron alimentos e fomentáronse as medidas de hixiene que se deben manter para que este sector da poboación estea protexido do COVID-19.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s