A Concellería de Medio Ambiente pide que non se usen os parques para lecer

A Concellería de Medio Ambiente recórdalle á veciñanza que, no período de confinamento, os parques da cidade, as praias e o paseo marítimo non están destinados ao lecer nin á práctica de deporte “e, moito menos, a seren lugares de encontro entre persoas coñecidas”. Na actualidade, os parques de Santa Margarida (pola rolda de Nelle), Bens e San Pedro e o Xardín de San Carlos teñen os seus accesos pechados. Outros como San Diego, Méndez Núñez, Oza, Paseo das Pontes, Parque Europa etc. permanecen abertos soamente porque, debido ao seu deseño, non se poden pechar fisicamente, pero “iso non significa que estean permitidos neles os usos comentados anteriormente”, lembran dende o Concello.

Desde Medio Ambiente, ven “con preocupación” como nestes días as forzas de seguridade se atoparon con persoas por estas zonas verdes que, “coa desculpa de pasearen as súas mascotas ou incluso sen ningunha causa xustificada, estaban usando estes puntos para daren unha volta, realizaren exercicio ou simplemente para quedaren con amizades”.

A concellería insiste en que unicamente as e os coruñeses que teñan un parque dentro do radio máximo de 100 metros establecido polo Decreto poden atravesalo para se dirixiren a través del a farmacias, supermercados, panadarías etc. ou para pasearen os seus cans coa finalidade de que realicen as súas necesidades fisiolóxicas e só durante o espazo de tempo recomendado. Róganlle á cidadanía que cumpra as normas establecidas “porque, se se respectaren, volverase desfrutar antes destes parques”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s