O Sergas monitoriza 1.500 pacientes na casa

A plataforma de teleasistencia TELEA do Servizo Galego de Saúde -Sergas- está a facer seguimento sanitario dun total de 1.700 pacientes positivos por coronavirus e que permanecen no seu domicilio. Desta forma, son telemonitorizados polos profesionais sanitarios, quen teñen información directa dos posibles cambios na evolución da súa enfermidade. O perfil destes pacientes é de persoas con resultados positivos por COVID-19 con sintomatoloxía leve ou dados de alta hospitalaria.

Os 1.700 pacientes representan o 47,3% do total de persoas infectadas que están no domicilio. Dende o inicio da telemonitorización déronse 287 altas a persoas seguidas por este novo modelo asistencial. O 77,4% das persoas infectadas en Galicia, encóntranse en seguimento domiciliario. Ao igual que no resto das Comunidades, estes pacientes deben de permanecer illados pero en permanente contacto cos profesionais sanitarios.

Seguimento domiciliario
A telemonitorización a través de TELEA permite a intercomunicación entre os profesionais sanitarios e a persoa que se encontra illada no domicilio. Así, os pacientes controlados con este perfil de TELEA Paciente en illamento domiciliario COVID-19, teñen acceso a mensaxería co sanitario responsable do seguimento do protocolo, tras a cal o profesional sanitario pode respostar por mensaxe ou  poñerse en contacto telefónico en calquera momento que detecten unha alteración clínica ou necesidade de cambios nos seu coidados.

Así, cada 8 horas a persoa debe rexistrar as variables de temperatura e saturación de osíxeno, así como unha enquisa da funcionalidade respiratoria e que permite avaliar o estado de saúde da persoa.

Nunha primeira fase o seguimento dos pacientes illados contaxiados co COVID-19, iniciouse cun equipo sanitario ubicado no hospital formado por un equipo de profesionais de enfermería e medicina hospitalaria. Actualmente tamén se realiza por parte dos equipos de atención primaria co apoio dos especialistas hospitalarios.

Dende cada hospital ou dende Atención Primaria, estase a avaliar de forma continua as variables clínicas e as mensaxes ou chamadas telefónicas que lles envían os pacientes. Esta información que é enviada polos pacientes illados é revisada polos profesionais sanitarios que están a facer o seu seguimento clínico, xa que esta intégrase cos sistemas de información corporativos na historia clínica electrónica (IANUS). O único requisito necesario para acceder a esta modalidade de seguimento é que o paciente ou o seu coidador teñan capacitación tecnolóxica, e dispoñan dun teléfono móbil, tablet ou ordenador persoal. En caso contrario o seguimento farase por outras vía como a telefónica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s