A área sanitaria ‘aplana a curva’ en abril

Aplanar a curva é unha das expresións máis repetidas desde que estoupou a alerta sanitaria pola expansión do COVID-19 na nosa proximidade xeográfica. Coa chegada da pandemia a España, os casos téñense multiplicado, causando grande alarma social e levando ao Goberno a decretar un confinamento forzoso da maioría da poboación no fogar, excluíndo aqueles servizos considerados esenciais, como os que teñen que ver co abastecemento, a saúde ou a orde pública. Hoxe, con 637 mortos, España rexistra a cifra máis baixa de falecementos por este motivo desde o 19 de marzo. Á vez, a área sanitaria da Coruña ten conseguido evitar un incremento masivo de contaxios durante o mes de abril, segundo se desprende dos casos confirmados pola Xunta de Galicia. Entre o 1 e o 6 de abril rexistráronse 165 casos máis, mentres que no mesmo período de días, entre o 25 e o 31 de marzo, a cifra dobrárase pasando de 389 a 817. A respecto do 24 de marzo e ata hoxe, a cifra tense triplicado, de 359 a 1071, pero o crecemento é cada vez máis gradual. A área da Coruña semella así camiñar cara á estabilización da propagación, previa ao descenso de casos que remate por controlar este brote específico.

Sen embargo, a situación en Galicia é menos optimista. Se ben a curva dá tamén mostras de comezar a achaiarse, o incremento de casos desde comezos deste mes foi do 33%, en comparación co 18% da área da Coruña no mesmo momento.

Neste momento, segundo o informe máis actualizado da Xunta, o número de casos de coronavirus na comunidade ascende a 5.342. Deles, 1.071 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 992 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 1.081 da área de Vigo, 871 da de Santiago, e 307 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 168 permanecen na UCI, 939 están tamén hospitalizados e 4.235 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 610 altas de pacientes e 199 falecementos.

O número de probas realizadas é de 30.002.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s