Ata 400 demandas de emerxencia social nesta crise

As necesidades non se deteñen cando o mundo se detén. Os Equipos de Atención Social (EAS) da Concellería de Benestar Social seguen co seu traballo de forma telefónica desde que se decretou o estado de alarma. O servizo resolveu, a través do 010, ata 400 solicitudes de emerxencia social desde que comezaron as medidas especiais, e realizou 2.400 atencións entre os puntos en que están operativos: San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña. As máis de 400 demandas que recibiron foron por parte de novas persoas usuarias e tamén de habituais que empregaron esta canle para contactaren co persoal. Canto ás axudas de emerxencia, no proceso de tramitación contaron coas áreas de Intervención Municipal e Facenda para axilizar a xestión.

Por outra banda, as persoas beneficiarias das axudas para alimentos por un prazo de dous meses, terán unha prórroga dun mes máis. Neste aspecto, a concellería contactou con VEGALSA para establecer un protocolo, de xeito que a veciñanza poida mercar a comida cos vales municipais para unha persoa non titular. Ademais, o concello concedeu 174 novas axudas económicas subvencionadas pola concellería e derivadas a entidades sociais coas que ten convenios asinados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s