Só unha investigación polo asasinato de Diego Bello é independente do goberno de Duterte

O Goberno do Estado está “á espera” de que as 4 investigacións en marcha sobre o asasinato do mozo coruñés Diego Bello cheguen ao seu fin, responde o Executivo a unha pregunta do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

As investigacións realízaas a división de asuntos internos da Policía filipina e outros tres órganos do país asiático: o Ministerio do Interior, o National Bureau of Investigation e a Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas, esta última unha entidade independente do goberno de Rodrigo Duterte.


Para o BNG, non hai dúbida de que a ‘morte’ de Diego Bello constitúe un asasinato”. Os nacionalistas consideran “ben claro desde o momento en que a policía filipina, autora material do crime, non achegou ningunha proba que acreditase o suposto envolvemento do mozo coruñés en actividades relacionadadas co narcotráfico”. Lembran que as autopsias realizadas -unha en Madrid, outra en Manila- demostraron que non había rastros de pólvora nas mans de Diego, “o que desmonta a tese policial de que a morte se producira no contexto dun tiroteo”. O BNG lembra que o informe toxicolóxico puña de manifesto que Diego non consumía estupefacientes. “Era unha persoa sá e deportista, como ben saben os seus familiares e amizades, quen para defender o bon nome do seu ser querido crearon a plataforma Xustiza para Diego”, lembran os nacionalistas.


Na resposta do Goberno á pregunta por escrito formulada por Néstor Rego, refírense distintas xestións realizadas polo Estado español en Filipinas en relación co intento de esclarecimento deste asasinato, entre elas reunións do embaixador español en Filipinas con altos cargos do Ministerio de Interior do país asiático.


Á marxe desta pregunta no Congreso e dunha iniciativa na Eurocámara, o BNG promoveu tamén unha Declaración Institucional no Concello da Coruña de condena do asasinato e en demanda da depuración de responsabilidades.

Os familiares de Diego Bello recibiron a noticia da súa morte o pasado 8 de xaneiro. Bello levaba máis de dous anos residindo nas Filipinas. A policía daquel país escudou a súa actuación, que rematou co asasinato do mozo coruñés, nunha suposta relación co narcotráfico que a familia do falecido ten negado e desmontado dende aquela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s