A área da Coruña, á cabeza de positivos en Galicia

Con 1117 casos confirmados, a área sanitaria da Coruña pasou a ser hoxe a máis afectada polo coronavirus na comunidade. O incremento de 46 novos casos desde onte fai que, ao longo do mes de abril, a taxa de crecemento do número de infectados detectados sexa do 23%, se comparamos os 1117 casos coñecidos hoxe cos 906 do día 1. Porén, segue a ser un incremento menos acusado que no conxunto de Galicia, onde esta taxa acada de momento un 33%, isto é, hai catro pacientes diagnosticados de coronavirus hoxe na comunidade por cada tres que había o día 1, mentres que hai algo máis de cinco por cada catro na Coruña. A área d Coruña elévase así ao primeiro posto polo mínimo crecemento de casos detectados na área de Vigo de onte para hoxe (de 1081 a 1094).

A Xunta de Galicia fixo públicos hoxe novos datos sobre a propagación da doenza. Logo da Coruña e Vigo, é Ourense, con 999 casos, a máis afectada. Hai 884 casos na área de Santiago, 563 na de Lugo, 466 en Pontevedra e 312 na de Ferrol. Hai 162 pacientes na UCI e 910 a maiores hospitalizados. Máis de 4.300 pacientes son atendidos no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e morreron 208 persoas. Fixéronse máis de 32.000 probas entre a poboación.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reiterou que o número 061 sexa só utilizado para emerxencias ou casos graves. A Xunta aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s