Organizada unha campaña para recoller alimentos

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, en colaboración con Vegalsa, El Corte Inglés e Gadisa, inicia unha campaña de recollida de alimentos a favor da Cociña Económica, Cáritas e o Banco de Alimentos Rías Altas, que se prolongará ata o 20 de abril.

As persoas interesadas en colaborar doando alimentos para este fin terán á súa disposición nestas superficies comerciais do termo municipal carros para poder realizar as súas doazóns, que posteriormente serán recollidas polas diferentes entidades.

A recollida de alimentos en El Corte Inglés xa comezou a pasada fin de semana, e Vegalsa iniciouna o pasado luns día 6 de abril en 14 tendas Eroski Center e Familia. Pola súa banda, Gadis comezará a campaña de recadación o vindeiro martes día 14 nos 33 supermercados que a empresa galega ten na cidade.

Esta campaña súmase ás numerosas iniciativas que a Concellería de Benestar Social está a liderar e desenvolver durante a crise do coronavirus para axudar e protexer os colectivos máis vulnerables da cidade. As tres cadeas de supermercados colaboraron coa concellería en diferentes iniciativas durante esta crise.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s