Concello e Goberno desinfectan a cidade con camións habilitados

O concello e a Delegación do Goberno porán en marcha un sistema de desinfección por toda a cidade que consistirá na nebulización dunha solución de hipoclorito cargada en dous camións de Demarcación de Estradas do Estado de enormes dimensións. Os vehículos, que xa participaron na desinfección das zonas máis afectadas polo Covid-19 na Comunidade de Madrid, teñen tanques con capacidade para 10.000 e 12.000 litros, e traballarán nas principais rúas da cidade, como as roldas de Nelle e Outeiro, Linares Rivas, Manuel Murguía, a avenida de Arteixo ou o paseo marítimo.

Medio Ambiente deseñou a ruta pola que pasarán os camións, que irán escoltados en todo momento por axentes da Policía Local debido ás súas grandes dimensións. O obxectivo é realizar unha desinfección xeral dos espazos públicos, das principais rúas e zonas de paso para eliminar partículas contaminadas que poidan causar contaxios de Covid-19. Estes vehículos foron empregados tamén no recinto feiral de Ifema, onde se instalou o hospital de campaña que agora atende a centos de persoas enfermas afectadas polo virus.

A alcaldesa agradeceu a colaboración da Delegación do Goberno en Galicia nesta tarefa de desinfección, xa que é a primeira vez que estes vehículos se desprazan á comunidade galega. “O obxectivo é común para todas as administracións públicas e, neste caso, póñense os recursos do Estado e da cidade para combater unha pandemia que ten as e os coruñeses confinados desde o pasado 13 de marzo”, sinalou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s