‘Miña Coruña’ para erguer a cidade

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, no seu labor de promover a cidade como destino turístico, lanza unha nova campaña titulada ‘Miña Coruña’ para animar a cidadanía a unirse de cara a superar os momentos duros en que todas e todos nos atopamos.

A campaña amosa imaxes da Coruña cunha mensaxe esperanzadora para levar mellor este período de confinamento e nela o concello agradece o traballo e a solidariedade dos colectivos profesionais e da veciñanza en xeral pero, ao mesmo tempo, recorda que falta menos para desfrutarmos da nosa cidade e das súas riquezas.

O vídeo, que se pode en ver https://youtu.be/tErwAX5NZEQ, dura un minuto e 12 segundos e busca enxalzar os valores atlánticos da urbe, coa luz da Torre de Hércules como eixe central. “Coa luz da vosa solidariedade, a luz da vosa empatía, a luz da responsabilidade e da esperanza; unha luz que guiará a xeracións sinalando o futuro en futuras tormentas”, di o texto da produción audiovisual.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s