A última semana deixou 181 novos casos de COVID-19

O descenso na expansión do COVID-19 parece ser a tónica xeral na área sanitaria da Coruña, e na maior parte de Galicia, coa excepción da área ourensá. Se o luns pasado a nosa área rexistraba 1071 casos activos, hoxe son 1252. O incremento entre o luns 30 de marzo e o luns 6 de abril fora de 264 casos activos. En Galicia, o número total é de 5939, fronte ás 5342 do día 6.

Os datos feitos hoxe públicos pola Xunta indican que, novamente, é a Coruña a área más afectada na comunidade. Séguena Ourense con 1166, Vigo con 1090, Santiago con 1001, Lugo con 591, Pontevedra con 501 e Ferrol con 338. Do total de pacientes positivos, 136 permanecen en UCI, 735 están en unidades de hospitalización e 5.068 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.186 altas de pacientes e 369 falecementos.

Residencias
A Xunta comezou a incluir recentemente os datos das residencias de persoas maiores e dependentes, logo de semanas sen incluír os datos de falecementos producidos fóra de centros hospitalarios. Ata agora, houbo 923 positivos de persoas ingresadas en residencias e 416 de persoal traballador nas mesmas. Morreron 82 persoas nestes centros e outras 76 en hospitais e residencias integradas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s