Desinfección diaria das rúas coruñesas

Minimizar o risco de contaxio de COVID-19 ao impedir a vía de transmisión por contacto de superficies que tocamos todos os días. Ese é o obxectivo dos 14 equipos que a concellería de Medio Ambiente ten dedicados á desinfección diaria das rúas e instalacións municipais, nun trbaallo para o que se coordinan con Protección Civil. Estes últimos traballan na limpeza de infraestruturas dependentes doutras administracións, como residencias de maiores, mentres o persoal municipal limpa o exterior das mesmas.

Os traballos estrutúranse para traballar durante as 24 horas, en quendas de día (de 7 da mañá a 12 da noite) e nocturnas (entre as 10 da noite e as 6 da mañá), divindindo a cidade en nove áreas de intervención. “Coa fin de garantir a seguridade e hixiene das e dos veciños canto ás vías da cidade”, o Concello asegura que “os equipos percórrenas todas e visitan diariamente instalacións en que se lles está a dar servizo a distintos colectivos neste confinamento, como o Pavillón dos Deportes de Riazor, a Cociña Económica ou as entidades sociais Padre Rubinos e Cáritas Interparroquial, así como os mercados municipais”.

Tamén se traballa na desinfección de infraestruturas pechadas durante o estado de alarma, como son os pavillóns deportivos ou os colexios, co obxectivo de que estean en perfectas condicións cando retorne a normalidade. Por outra parte, outros catro equipos dedícanse en exclusiva a desinfectar os colectores do lixo, “unha tarefa que reforzan desde Cespa con vadeadores e alxibes”, recorda o Concello. Segundo a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, o plan de limpeza “execútase tamén tendo en conta en todo o momento os puntos en que traballan a Xunta e mais a UME para coordinárense e seren máis eficientes” .

Cara a unha cultura da salubridade
Fontán sinala que o Concello, ademais de preparar os equipamentos públicos de cara ao futuro, traballa nunha campaña de concienciación para cando as saídas da cidadanía aumenten: “Temos que conseguir que o noso compromiso sexa para sempre e implementar hábitos que contribúan a ter unha mellor salubridade”, asevera a concelleira. Non se trata, aclara , dunha cuestión “de estética e imaxe da cidade”, senón de que “as e os coruñeses se decaten que, se deixan de tirar envoltorios, gomas de mascar, cabichas ou calquera outro residuo, contribuirán a evitar infeccións”. O Concello aproveitará a instalación dos novos colectores e os novos servizos da empresa do lixo “para incidir no papel que ten a veciñanza para conseguir que A Coruña sexa segura”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s