O remanente económico do Concello pagará facturas pendentes e sentenzas xudiciais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, trasladáronlles aos grupos da Corporación, na Xunta de Voceiros, a conta da liquidación do ano 2019. Segundo explicou Lage Tuñas, o remanente do concello ascende a máis de 14,5 millóns de euros que terán que seren destinados, por obriga legal, a pagar as sentenzas xudiciais firmes e as facturas pendentes de exercicios anteriores.

Neste senso, é importante destacar que as sentenzas xudiciais lle estaban a supor ao concello un pago de xuros anuais dun 3%, “unha sangría económica ano a ano”, segundo o voceiro do grupo de goberno. Lage lembra que no pasado mes de novembro o concello buscou unha solución para non cargar as sentenzas nos orzamentos municipais e o Ministerio de Facenda autorizou a incorporación destas como obrigas recoñecidas de pago na conta 413. Desde xeito, tanto o superávit municipal como o remanente líquido de tesourería teñen que se destinaren, case na súa totalidade, a saldar estas obrigas.

O remanente de tesourería municipal en 2019 ascendeu a 14.581.686,93 euros e un superávit de 3.662.503,48 euros. E, a conta 413, de obrigas recoñecidas, ascendía a 15.916.125 euros. Lage lembra que até o 6 de abril saldáronse 1.335.604 euros desta conta de obrigas recoñecidas.

Facenda
Pola súa banda, Inés Rey, sinalou que o Goberno local está estudando unha serie de medidas para facer fronte aos efectos socioeconómicos da pandemia do coronavirus COVID-19. Asegura que a Comisión de Facenda estudará a reorientación do orzamento municipal e destaca a boa disposición de todos os grupos para atoparen un “mínimo denominador común de propostas”. Co fin de poñer en marcha estas medidas o concello está estudando o impacto económico da crise nas arcas públicas para dirixir os recursos existentes a cumprir cos obxectivos sinalados que son protexer as e os máis vulnerables e dinamizar ao máximo a economía local. “Temos que atopar entre todas as forzas un consenso nas medidas que se vaian adoptar para reorientar o orzamento, e acadaremos unha proposta común co maior grao de acordo posible”.

Durante a xuntanza, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, propuxo que o Goberno local negocie con operadores de Internet para dotar a cidade de wifi gratuíto, “a única forma de salvar a fenda dixital durante o confinamento”. A proposta do Bloque “é esencial para salvarmos a fenda dixital e para que efectivamente ninguén fique atrás, nomeadamente no acceso ao ensino”, defendeu Jorquera. O portavoz nacionalista propuxo tamén que se estableza unha quita do 100 por 100 para os alugueres das vivendas municipais durante no mínimo 4 meses ao tempo que pediu que, unha vez que se levante a suspensión de prazos, se axilice a tramitación de convenios e subvencións ás entidades sociais.

O PP volveu pedir axudas municiais para pemes e autónomos, poñendo o exemplo de concellos como Ferrol, Arteixo, Lugo ou Ourense, “que con menos recursos que o coruñés xa aprobaron medidas de reactivación económica”, salientaron. Para os populares, é necesartio que haxa este tipo de iniciativas “tanto agora como tras o estado de alarma”, incluíndo “ofrecer liquidez directa, axudas para alugueiros e sufragar a cota de autónomos”. O PP solicitou ademais iniciar axiña a tramitación administrativa para activar esta primeira fase, “que se complementaría cunha segunda en función da demanda e da dispoñibilidade económica municipal”. Pediron tamén impulsar a programación de obrigas municipais previstas para este ano “e as que se poidan incorporar”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s