A Cámara de Comercio propón 10 medidas ao Goberno

A Cámara de Comercio coruñesa, xunto á súa homóloga española, fixo público un decálogo de medidas que pide ao Goberno do Estado para facer fronte á crise económica e social derivada da emerxencia sanitaria. Entre as iniciativas que reclaman salientan a garantía de liquidez ás empresas e medidas de apoio fiscal que contemplen tanto adiar como condonar certos impostos, pero tamén una “flexibilización” dos ERTES, así como axudas ao mantemento do emprego.

Esta fin de semana, o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro, participou nunha reunión por videoconferencia cos presidentes da Cámara de España e de nove cámaras máis, na que trasladaron á ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e ao seu equipo unha proposta de 10 medidas “fundamentais que serán chaves a curto prazo para a recuperación da economía”.

As Cámaras de Comercio piden “reivindicar o papel da empresa” para a recuperación económica, así como das propias Cámaras “como instrumento decisivo” na mesma dirección. Piden que se axilice a tramitación da concesión dos préstamos con garantía ICO e a posta a disposición do importe total dos avais. Ademais, reclaman que se adopten “as medidas necesarias para asegurar a recuperación do normal desenvolvemento da actividade empresarial”. Neste sentido, avogan por “intensificar a colaboración público-privada”. Tamén defenden que o Estado apoie de forma especial ao comercio, turismo e exportación.

Na xuntanza da fin de semana tamén se pediu que os fondos públicos orientados ao apoio e reactivación económica se canalicen a través do sistema cameral “para chegar a todas as empresas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s