Nova morte na Coruña por COVID-19 mentres se frea o contaxio

Un home de 82 anos infectado polo COVID-19 morreu nas últimas horas no CHUAC, situándose co seu en 384 o total de falecementos en Galicia polo coronavirus desde que comezou a pandemia e 86 na área sanitaria coruñesa. O número de novos casos activos na mesma área desde onte medrou en 19, pasando de 1.252 a 1.271. Galicia rexistra, segundo datos da Xunta, 5.973 casos de COVID-19 ata agora, o que supón 34 máis ca onte. Desde que comezou o mes de abril houbo case 2000 novos contaxios, pero a maioría deles se concentran nos primeiros sete días do do mes, con arredor de 1400, que baixaron a algo máis de 500 na semana que seguiu.

Os datos desglosados por áreas sanitarias da Xunta indican que a da Coruña segue a ser a área máis afectada en Galicia, seguida pola de Ourense -que, con 1.187, é a que presenta en termos relativos os peores datos da comunidade-, a de Vigo -1.077 casos-, a de Santiago -1.007-, a de Lugo -590-, a de Pontevedra -504- e a de Ferrol -337-. Do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes.
O número de PCR realizadas é de 48.337.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s