Protección Civil: un traballo constante

Case 50 persoas voluntarias de Protección Civil teñen traballado a eito dende que comezou o estado de alarma para repartir máis de 2.000 menús pola cidade, unha tarefa que se intensificou especialmente nos últimos días, cando chegaron a distribuír máis de 850 menús en catro días, entre o 6 e o 9 de abril.

Os voluntarios tamén fixeron 94 compras de alimentos a particulares e levaron material de protección a outras 433 persoas. Neste período, asumiron outros labores como o de animar a rapazada que está de aniversario, acudindo á súa rúa a cantarlles os parabéns en 17 ocasións.

En total, suman máis de 2.500 intervencións do persoal nestas semanas de confinamento no fogar. No relativo ás persoas cooperantes, chegou a haber ata 70 colaboradores para cubrir as necesidades básicas da veciñanza. Rexistrouse unha medida de 50 operativos a pé de rúa facendo máis fácil e cómoda, na medida do posible, a vida da veciñanza que máis o necesita, como aquela dependente ou de mobilidade reducida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s