A área sanitaria da Coruña alcanza os 1332 casos activos de coronavirus

Os datos feitos públicos esta mañá pola Xunta amosan un incremento notable nos casos activos de coronavirus na área sanitaria coruñesa, dende os 1280 de onte aos 1332 de hoxe, isto é, 52 novos pacientes en 24 horas. É o maior incremento dende o pasado domingo, 12 de abril, cando foron 59 os casos novos en relación ao sábado 11. Porén, seguen sendo números moi por debaixo dos máximos do mes de marzo, cando eran frecuentes os incrementos en máis de 100 novos casos diarios.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085. Fóra da nosa, que segue a ser a área sanitaria máis afectada da comunidade, as que presentan máis casos activos son Ourense, con 1.203, e Vigo, con 1.089. Santiago sitúase nos 1.025, Lugo nos 592, Pontevedra nos 501 e Ferrol nos 343. Por proporción de habitantes, a área máis prexudicada en Galicia segue a ser a ourensá.

Do total de pacientes actuais, hai preto de 800 hospitalizados, con 123 deles na UCI. Outros 5.284 pacientes atópanse no domicilio. Houbo ata hoxe 1.383 altas e morreron 405 persoas. O 45% das mortes producíronse entre usuarios e persoal de residencias de maiores e persoas dependentes. O número de probas realizadas é de 53.829.

Falece un farmacéutico por COVID-19
Entre as noticias das últimas horas salienta o falecemento dun traballador farmacéutico. O colectivo conta agora mesmo con 19 persoas afectadas polo COVID-19, que se atopan ingresadas ou en corentena. Trátase dun dos colectivos máis expostos nesta crise e que segue a traballar sen descanso. O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña amosou a súa consternación por esta perda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s