I Torneo de Esports ‘Cidade da Coruña’

Continuando cos programas municipais #CoruñaQuedaNaCasa, #CorunaEnCasa, #EnLiña e #ActívomeNaCasa xurdidos pola crise do Covid, a Concellaría de Deportes do Concello da Coruña, en colaboración con Maritime Global Services, presenta o primeiro Torneo eSports Cidade da Coruña, que se desenvolverá a partir de mañá, venres 17 de abril. Este primeiro torneo está baseado no videoxogo FIFA 20, (EA Games), desde a consola PlayStation 4.

Recibíronse un total de 541 solicitudes de inscrición e, unha vez realizadas as comprobacións oportunas (logo de seren descartadas as duplicadas e as que incumprían o regulamento), serán finalmente 444 persoas participantes as que disputarán o torneo.

Parda final
A previsión é que a final do torneo se xogue na fin de semana do 1, 2 e 3 de maio e que sexa retransmitida vía streaming a través da web municipal e por outras canles que se anunciarán no seu momento. A persoa gañadora xogará contra quen gane o partido FIFA 20, o cal será disputado por futbolistas profesionais do R.C. Deportivo contra o R.C. Celta de Vigo e tamén será retransmitido por streaming desde o Concello.

Premios
A empresa Maritime Global Services colabora achegando as consolas PlayStation 5, xogos FIFA 21 e subscricións á Play Station Network que recibirán os 4 primeiros clasificados no mes de setembro, xunto cos xogos e que se sortearán entre o resto das persoas participantes.

Esta nova iniciativa municipal busca facer máis levadío o confinamento propiciado pola pandemia do Covid-19 promovendo a interactuación entre a cidadanía coruñesa e dando, ademais, un primeiro paso desde o Concello no eido dos eSports.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s