Sen plans para revertir a venda dos soares da Maestranza

A reversión da venda dos soares da Maestranza non entra nos planos do Goberno de España. Esa é a idea que se desprende da reposta que o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, remitiu ao executivo de Pedro Sánchez.  A venda dos dous soares do Campo da Estrada por parte do INVIED a un promotor privado, malia a oposición do pleno municipal do Concello, que te reiteradamente ten a súa cesión gratuíta á administración local, non vai ser revertida, segundo recoñece implicitamente o Goberno central.


O Goberno do Estado reitera que o estatuto do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (INVIED) o incapacita para transferir de maneira gratuíta os bens desafectados que recibiu do Ministerio de Defensa. Na pregunta, Néstor Rego interesábase por saber se o Goberno estaba disposto a “esgotar os mecanismos ao seu alcance” para reverter a venda e ceder os soares de maneira gratuíta ao Concello da Coruña. O Executivo estatal non responde, pero, para o BNG, “en realidade si existen eses mecanismos”. Os nacionalistas soteñen que o INVIED “pode ceder os bens a outro organismo estatal (e este transferilos ao Concello da Coruña) ou ben o Congreso pode aprobar unha lexislación especial”. O BNG lembra que este foi o caso do Castelo de Montjuïc en Barcelona, que permitiu a cesión de balde ao executivo local. O Goberno non se pronuncia sobre esta posibilidade.

Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello, considera que o problema non é xurídico, senón de “vontade política”. O BNG considera que o Goberno “carece da necesaria disposición para dar cumprimento aos reiterados pronunciamentos do Concello da Coruña a prol da devolución gratuíta dos soares”. O pasado mes de novembro foi aprobada por unanimidade no pleno unha moción do BNG e a Marea Atlántica trasladando unha iniciativa de Defensa do Común nese sentido.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s