Seis mortes por COVID-19 na Coruña

A área sanitaria da Coruña rexistrou ao longo do día de onte catorce altas de pacientes e seis falecementos a causa do coronavirus COVID-19. Trátase de seis pacientes do Hospital Universitario con idades comprendidas entre os 65 e os 83 e con patoloxías previas, unha muller de 88 anos no Hospital HM Modelo e dous usuarios da residencia Remanso-Claudina Somoza.

Mentres, o número de novos casos diarios baixa lixeiramente dende onte. A área sanitaria rexistra hoxe 1.371 pacientes con COVID-19, o que supón 39 máis ca onte, pero menos dos 51 que se rexistraron de mércores a xoves. No conxunto de Galicia, o número de casos activos sobe de 6085 a 6142. A ourensá segue a ser a área sanitaria máis afectada en termos relativos, e a segunda con máis casos da comunidade, con 1.207. Na de Vigo hai 1.095 e 1.030 na de Santiago. Na área de Lugo rexístranse 591 casos activos, 505 na de Pontevedra e 343 na de Ferrol.

Hai actualmente 117 pacientes na UCI por COVID-19 en Galicia, e outros 642 hospitalizados. Case 5.400 pacientes reciben atención no domicilio. Houbo ata agora case 1.500 altas e morreron 415 persoas por COVID-19. As residencias continúan a ser un dos puntos negros desta crise sanitaria, xa que o 44% das mortes están relacionadas coas mesmas. A propia Xunta sinala que “o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 4% do total das persoas residentes”. Fixéronse 57.400 probas entre a poboación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s