O 010 atendeu 863 solicitudes de axuda ata agora

Benestar Social respondeu desde o 13 de marzo a 863 peticións de axuda da veciñanza máis vulnerable a través dos equipos de voluntariado e emerxencia social. Do total de 530 persoas cooperantes que se inscribiron na convocatoria que realizou a concellería cando se decretou o estado de alarma, activáronse 248 para axudar ás e aos residentes que por pertenceren a grupos de risco ou por circunstancias persoais non poden saír da casa.

Deste xeito, as e os colaboradores realizaron tarefas básicas segundo llelo solicitaron as coruñesas e coruñeses que chamaron ao 010 ao non se poderen mover do seu fogar. Entre os quefaceres, foron ao supermercado, á farmacia e ás oficinas de Correos a por cartas certificadas ou acompañáronas/os ao centro de saúde en caso de teren citas médicas inaprazables. Ademais, colaboraron na repartición de bolsas comedor e de menús e alimentos a domicilio, atenderon a liña telefónica para combater a soidade “Acompáñote” e o servizo gratuíto de mediación de conflitos (neste caso foron voluntarias e voluntarios da asociación Círculo de Mediación de Galicia-CIMEGA)

Todas e todos eles acredítanse cun certificado de alta neste traballo non remunerado que a concellería lles remitiu a través do correo electrónico. A súa posta en escena xorde cando unha veciña ou veciño chama ao teléfono gratuíto do concello pedindo axuda. Ademais, Benestar Social asinou un acordo coa oficina de Cooperación e voluntariado da UDC, polo que se uniron catro persoas voluntarias máis. Desde a primeira toma de contacto coa persoa que solicita atención, a voluntaria ou voluntario que acode vincúlase a ela ou el para as sucesivas veces que necesite deste servizo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s