A Fundación María José Jove estende a 75 centros sociosanitarios o seu programa de arte e saúde

A Fundación María José Jove informou hoxe da súa intención de estender o seu programa de arte e saúde por 75 centros da área sanitaria da Coruña e Cee, “convencida de que agora máis ca nunca os centros que atenden a persoas con diversidade, maiores e persoas en risco de exclusión social precisan de actividades socio culturais e de lecer para os seus residentes”. Así, a Fundación pretende ampliar de 3.000 a 7.200 o número de usuarios que se benefician actualmente destas actividades. Serán usuarios de centros de atención á diversidade funcional (14 en residencias de graves afectados e 6 en vivendas e pisos titelados), así como de residencias da terceira idade (55 centros).

Arte y Salud é un programa gratuíto que emprega a arte como ferramenta para mellorar os niveis de participación, axuste social e calidade de vida de persoas con diversidade funcional e en risco de exclusión. A Fundación María José Jove impúlsao dende o ano pasado coa Consultora Adaptasocial.

Dende que estoupou a crise sociosanitaria da COVID-19, Arte y Salud readaptouse para poder ser levado a cabo a distancia, co dobre obxectivo de apoiar os profesionais sanitarios dos centros e de ofrecer alternativas de lecer ás persoas afectadas en situación de confinamento e sen posibilidade de recibir visitas familiares.

A Fundación puxo tamén, en colaboración coa Área Sanitaria da Coruña, en marcha a iniciativa “Cartas con alma” mediante a cal fanse chegar mensaxes, debuxos e mais cartas de ánimo ás persoas ingresadas a consecuencia do coronavirus.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s