Os bombeiros desinfectarán o equipo con máquinas de ozono

O Parque de Bombeiros adquiriu dous xeradores de ozono transportables para desinfectar as súas estancias, despachos e vehículos, que compartirán coa Policía Local e Protección Civil, xa que este elemento é o máis eficiente para acabar con todo tipo de microorganismos, segundo a OMS. A organización detalla que, con concentracións de ozono de 0,1-0,2 mg/l.min, conséguese unha inactivación do 99% de rotavirus e poliovirus, entre outros patóxenos estudados, pertencentes todos eles ao mesmo grupo IV dos Coronavirus. 

O canón de ozono recolle aire grazas á súa turbina, que o somete a unha descarga eléctrica. Unha parte das moléculas de osíxeno transfórmanse en ozono e condúcense á saída para que realicen a súa función, de xeito que este é impulsado mediante outra turbina para que a súa difusión sexa a máxima. Unha vez configurado o artefacto, o seu funcionamento é totalmente autónomo. Cada certo tempo, xera unha dose de ozono e expándea no medio. Os lugares recomendados de uso son as estancias, os habitáculos de vehículos ao regreso de cada intervención, os despachos, a sala da televisión, a cociña e o cuarto de lavandería. 

Para poñelo a funcionar, introdúcese a máquina de ozono no volume que cómpre ozonizar, colócase nunha zona elevada e enchúfase á rede. Selecciónase o tempo de tratamento (de 1 a 45 minutos), acéndese e abandónase inmediatamente a sala. (Ao final do tempo programado a máquina desconéctase). Co fin de evitar accidentes, as e os efectivos colocarán un indicativo na porta do recinto para informar de que está prohibido entrar mentres dure o proceso de desinfección total. Unha vez finalizado o dito proceso, deberase agardar 5 minutos antes de que a persoa ao cargo acceda á estancia equipada dunha máscara de carbón activo e de lentes de protección para desconectar o equipo, extraelo do recinto e pechar outra vez o espazo durante os mesmos minutos que estivo funcionando. 

O tratamento de desinfección non se pode realizar en presenza de persoas, polo que o sarxento de garda ou o xefe que estea ao cargo de cada unidade nomeará na súa quenda a unha ou un membro do equipo como responsable da limpeza.

Neste sentido, o corpo de Bombeiros ten ao seu dispor un protocolo de actuación en caso de que alguén do equipo presente síntomas por inhalación ou por contacto co líquido na pel e nos ollos, tales como dor de garganta e de cabeza, tose ou dificultade respiratoria, entre outros moitos, xa que a substancia pode provocar até conxelación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s