Segue diminuíndo o ritmo de contaxio de coronavirus

Unha semana máis, o número de novos casos activos na área da Coruña e no conxunto de Galicia segue baixando respecto aos datos acumulados o luns anterior. Hoxe a Xunta sinalou que hai 6.296 pacientes de COVID-19 na comunidade, dos cales 1.408 corresponden á área sanitaria coruñesa. Son 18 máis dende onte.

Hai unha semana, o día 13, eran 5.939 os casos galegos e 1.252 os coruñeses. A anterior, o día 6, eran 5.342 e 1.071 respectivamente. Isto significa que, durante a segunda semana do mes, a área coruñesa sumou 181 novos casos, fronte aos 156 da pasada. En Galicia, a diferencia foi de case 600 novos casos do 6 ao 13 de abril, e 357 casos durante a semana pasada. Se temos en conta a primeira semana de abril, a que vai do 30 de marzo ao día 6 deste mes, a nosa área sumara 264 pacientes, e 1.866 o conxunto de Galicia. A expansión do coronavirus vaise facendo, xa que logo, cada vez máis lenta, aínda que non chegou a deterse. Vémolo, especialmente, se comparamos os máis de 4.000 casos que deixou marzo fronte aos aproximadamente 6.300 do que vai de abril.

A Coruña e Ourense, á cabeza das cifras de COVID-19
A pesar desta constante diminución na taxa de aparición de novos casos, a nosa área sanitaria segue a ser a máis afectada de Galicia en termos absolutos. Sobre o total poboacional, é a de Ourense a que presenta peores datos con 1.243. A terceira é Vigo, que durante a fin de semana sumou case 50 novos casos e alcanza hoxe os 1.142. A compostelá é a cuarta área por volume de casos, con 1.046. Séguena a moita distancia Lugo -605 casos-, Pontevedra -508- e Ferrol -344-.

Do total de pacientes positivos, 108 permanecen en UCI, 601 están en unidades de hospitalización e 5.587 permanecen illados nos seus domicilios. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.548 altas de pacientes e houbo 455 falecementos. As mortes por COVID-19 seguen cebándose coas residencias, que tardaron en ser incluídas nas estatísticas autonómicas e teñen rondado, ata agora, sempre por riba do 40% dos casos totais. Agora mesmo, os falecementos en centros residenciais representan o 44% dos totais, con 201 casos dos 455. O número total de PCR realizadas a día de hoxe é de 67.639.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s