Avance do COVID-19 na área sanitaria

Os datos de hoxe son peores que os de onte na área sanitaria coruñesa. Logo de 24 horas cun incremento mínimo con apenas nove casos, entre onte e hoxe son 68 as persoas diagnosticadas de COVID-19. Trátase do maior aumento rexistrado durante o mes de abril. Ademais, dúas persoas morreron en residencias da Coruña: unha na Santa Teresa Jornet e outra na DomusVi Matogrande.

As cifras oficias da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade identifican hoxe 6.534 casos activos en Galicia, o que supón un incremento do 118 persoas respecto aos 6.416 do martes. A taxa de aparición de novos casos baixa así moi levemente no ámbito galego, ao caer de 1,9% previo ao 1,84% de hoxe. Porén, na área da Coruña esta elévase notablemente, pasando do 0,64% -isto é, menos dun novo caso diario por cada 100 o día anterior- ao 4,79% -ou case cinco novos pacientes por cada 100 na xornada previa-.

Ourense segue sendo a segunda área sanitaria máis afectada en número de casos e a primeira se atendemos ao volume poboacional, con 1.301 casos activos. A viguesa rexistra 1.166 e a compostelá, 1.081. Con moito menor volume de pacientes permanecen a área de Lugo (614), a de Pontevedra (520) e a ferrolá (367). De todo este volume de pacientes hai 96 na UCI e 585 hospitalizados a maiores. A ampla maioría de pacientes, case 5.900, están controlados nas súas propias vivendas. A taxa de hospitalización mantense xa que logo levemente por riba do 10% en Galicia. Ata agora houbo 1.625 altas e 475 mortes polo coronavirus, con 72.858 PCR realizadas.

As residencias de maiores e persoas dependentes seguen sendo espazos especialmente afectados e que concentran as cifras da pandemia. Unha quinta parte dos pacientes de COVID-19 contaxiáronse nun destes centros (1.367 persoas entre usuarios e profesionais dos centros), e un día máis volven representar o 44% dos falecementos a nivel autonómico. O 4% dos residentes nestes centros, un de cada 25, contraeu coronavirus.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s